22 ene 2017

Na aula de quinto curso tamén decidimos comezar con acrósticos. O tema xeral é a creatividade, e xa que aprendimos tanto sobre o cinema o curso pasado... que tal si aproveitalo para crear poesía?

A idea foi moi ben acollida e as creacións que van saíndo fantásticas!

En común.

En grupos:






Algúns dos resultados... 😊





Esta semana foi moi entretida e reveladora, pois tanto traballo e tempo adicado aos acrósticos serviu, non só para aprender moito e colaborar cos nosos compañeiros de etwinning, senón para descubrir moitos poetas entre o noso alumnado.

Noraboa rapaces, porque están saíndo traballos fantásticos.


Este foi o que a clase de cuarto fixo en común:



Estes son algúns outros acrósticos realizados polo alumnado de cuarto:






Traballaron moitísimo, e seguen creando...


16 ene 2017

Tamén podemos escribir un Haiku!


Como escribir un acrostic poem...


No Cole de Cervo estamos moi contentos de formar parte dun proxecto de etwinning que, se temos sorte (fingers crossed), pode derivar nun proxecto Erasmus +  no que  traballariamos a partir do curso seguinte.

Todo o equipo estamos empezando a traballar baixo o fermoso paraugas da creatividade. A nosa primeira tarefa é escribir poesía, veremos como se nos da.

So.... Let's be poets!
Exemplo de poema acróstico
Let's practice!!!

2 ene 2017

Christmas cards

O intercambio de postais durante a festividade de Halloween gustou tanto ao alumnado que as teachers decidimos repetir polo Nadal. Fixemos dúas postais que nos quedaron moi chulas.





O alumnado de Burela fixo uns calendarios chulísimos. A nós fíxonos moitísima ilusión encontrar debaixo de cada día a cara dun pequeno, e xogamos a adiviñar cal deles se correspondería con cada nome. 

Estas son as nosas postais rematadas




Aquí tedes unha foto das nosas postais antes de ser enviadas ao cole de Burela e os Advent Calendars tan chulos que nos enviaron eles.




Penpals

No primeiro trimestre recibimos unha preciosa proposta do CEIP Virxe do Carme de Burela. O alumnado de primeiro curso está estudiando o noso concello e a súa teacher pensou que sería unha boa idea enviarnos unhas postais por Halloween. Recibimos esas postais con entusiasmo e nós tamén decidimos enviarlles outras a eles. Aquí tedes unha mostra do que nós fixemos.





Scones

Durante as vacacións de Nadal poden facerse actividades diferentes e variadas. Aproveitando que temos máis tempo... podiades animarvos a cociñar! O alumnado de quinto fixo uns scones riquísimos no primeiro trimestre. Sons uns boliños moi sinxeliños de facer e con ingredientes que todos temos pola casa.
Precisaredes: fariña, manteiga, azucre, sal, leite e un pouco de zume de limón para cortar este último.






Primeiro temos que misturar a fariña coa manteiga ata conseguir unha base migada. Logo introducimos o leite cortado co limón, o sal, o azucre e o lévedo (aínda que a nosa fariña non o precisaba porque xa viña preparada). O máis importante é non amasar moito, hai que mezclar os ingredientes pero sin apelmazar, por iso algúns cociñeiros recomendan facelo cun coitelo.




A masa debe quedar moi espesa e esponxosa. Estírase nunha superficie limpa e enfariñada para que non pegue. Non a estiraremos máis fina do que poden ser un ou dous centímetros. Agora é  o momento de cortala cun molde redondeado e ir colocando os cortes na bandexa do forno. Podemos poñerlle un pouco de ovo batido por encima para que queden máis dourados.


Dez ou doce minutiños de forno e... xa están listos!


Espero que vos gusten 😋

A aula bulebule do noso colexio está dende o mes pasado un pouco máis bonita grazas a este letreiro tan bonito e importante na mensaxe.