17 mar 2020

St. Paddy's


Gustariavos saber por que se celebra este día e como?
Aquí tedes uns vídeos que o explican moi ben. Espero que vos gusten





Happy St. Patrick's Day!

Happy St. Patrick's Day everybody!

Hoxe martes, para celebrar San Patricio dende as nosas casas, propóñovos aprender un pouco de danza irlandesa. Animádesvos?
Let's dance!







 


16 mar 2020

St. Patrick's Day!

A semana de St. Patrick's Day é moi excitante no cole e pasámolo moi ben.

Este ano non podemos compartir esta festividade todos xuntos, mais sempre hai maneiras de poder levar esta situación, tan atípica, con bo humor. Así que, vístete ou adórnate con algo green e disfrutemos desta semana.

Poñamos música. Aquí tedes unha canción moi coñecida, animádevos a cantala. Leva por título 'I'll Tell Me Ma', hai moitas versións, esta que vos deixo aquí é só unha delas:


Recoméndovos dous filmes 'The Secret Of  Kells' e 'Song Of The Sea'.

E tamén vos deixo uns contiños:

'The Story Of The Leprechaun' (para 4º, 5º e 6º)


'The Night Befor St. Patrick's Day' (1º, 2º e 3º)



ARTS AND CRAFTS (1º e 2º)
Nesta ocasión non poderemos construir a nosa trampa para conseguir atrapar un Leprechaun... non importa, seguro que eles tamén se están protexendo e axudando a frear o Covid-19 cerradiños nas súas casas. Así que, sería practicamente imposible atrapar algún, aínda que tivésemos a trampa.
Que tal se debuxamos un pot of gold?
Aquí vos deixo este tutorial. Intentade seguir as instruccións. Gardade o voso traballo!



8 dic 2019

Yayoi Kusama. Yellow Pumpkins

Seguimos con Yayoi.

Globos, papel maché, pintura e moita diversión








Halloween

Este curso Halloween estivo profundamente influenciado por Yayoi Kusama no noso colexio.

Mirade canto traballamos...























And done!


1 dic 2019

YAYOI KUSAMA

Yayoi Kusama é unha gran artista xaponesa que inspirou o noso traballo durante o mes de outubro. Seguindo o seu estilo creamos decoracións para un Halloween cheo de lunares e de cor.

Queres saber quen é Kusama ou 'The princess of polka dots'?

Aquí deixamos un enlace á información facilitada pola galería Tate:

https://www.tate.org.uk/kids/explore/who-is/who-yayoi-kusama

E tamén un vídeo moi ilustrativo e sinxeliño da súa vida e o seu traballo:


Agardamos que vos guste e vos inspire.