AQUÍ VOS DEIXO UNHA PROPOSTA DE ARTS MOI SINXELIÑA DE FACER 'A FISH'.
Se non tedes papel de cores podedes empregar: xornais vellos, revistas, cartóns de leite, envases de conservas, etc. Todo o que teñades pola casa.
Esta proposta é unha idea de www.thecrafttrain.com e aquí tedes o link https://www.thecrafttrain.com/paper-fish-craft/
Hoxe é a celebración do día do libro e dos dereitos do autor, unha das datas máis fermosas que temos no calendario. Esta data coincide coa desaparición de William Shakespeare, Inca Garcilaso de la Vega e Miguel de Cervantes.
Hoxe é un día pensado para disfrutar dos libros, homenaxear aos seus autores e disfrutar dos enormes beneficios que nos proporciona a lectura.
Quero compartir unha cita dun autor que admiro moitísimo:
'De los diversos instrumentos inventados por el hombre, el más asombroso es el libro; todos los demás son extensiones de su cuerpo... Sólo el libro es una extensión de la imaginación y la memoria'
Jorge Luis Borges.
Neste 23 de abril eu propóñovos recordar a William Shakespeare e a súa interesante vida e obra. Moitos de vós xa o coñecedes e temos falado del na clase. Outros será a primeira vez que vos acheguedes a el. Non é un autor doado, pensade que escribía para entreter a persoas de fai uns cantos séculos, que tiñan gustos e afinidades moi diferentes ás nosas. Mais, se lle dades unha oportunidade, estou segura de que entenderedes moitas cousas. E, se deixades que vos acompañe ao longo da vosa vida, descubriredes que as súas obras se tornan diferentes e adquiren novos significados co paso do tempo e das experiencias. Sabedes que moitas expresións que empregamos hoxe en día foron inventadas por Shakespeare? Dous exemplos son 'romper o xeo' e 'o amor é cego' 😉.
Neste vídeo repasaremos a súa vida:
Recordade clicar no simboliño que pon 'cc' e así activades os subtítulos.
Si queredes facer actividades sobre o vídeo tédelas aquí:
Espero que vos gustara. Incluso para aqueles de vós para os que a entrada de este blog significou descubrir a Shakespeare por primeira vez, estou segura de que algunha das historias vos soaba. Para os xa familiarizados co Bardo de Avon (así lle chamaban, como alcume) pode que ver algunha destas historias outra vez significara entender a trama dende un punto de vista diferente, quen sabe. Se vos gusta Shakespeare podedes seguir coñecéndoo, non só a través dos libros, senón tamén a través do cine. Sabiades que da peza 'Macbeth' hai ata 33 versións cinematográficas? Unha locura. Falade coas vosas familias para atopar un filme baseado nalgunha obra de Shakespeare que poidades disfrutar no fogar cuns flocos de millo e... xa me contaredes!
Hoxe propóñovos un conto que sempre é un exitazo en tódalas aulas. Trátase de 'The Very Hungry Caterpillar' de Eric Carle e moitos de vós seguro que xa o coñecedes. Antes de disfrutar deste conto imos facer un repasiño e recordar ben os días da semana, que vos parece?
E os números:
Agora o conto:
Propóñovos facer un diario esta semana. Un diario no que reflexedes a froita que comedes cada día e tamén a cantidade da mesma. Empezando por hoxe, que é Monday. Nunha libretiña ou empregando folios, iso como vós prefirades. Cada día escribiríades o nome do día en inglés e nun espazo (que se adapte á vosa creatividade) imos debuxando a froita que consumimos ese día e a cantidade da mesma.
Por exemplo. Empezo o meu diario escribindo Monday (eu quero facelo con letras moi bonitas). Agora debuxo: unha laranxa, un plátano, unha mazá e unhas poucas améndoas. Esa foi a froita que eu consumín o Monday. Agora escribo os nomes da froita en inglés e a cantidade da mesma. Exemplo: one orange, one banana, one apple and some almonds. E coloreo a miña aportación de hoxe ao diario. Mañá será Tuesday!
Como algúns de vós me dixéschedes que vos gusta moito debuxar póñovos aquí un vídeo para aprender a facer unha caterpillar:
Este conto é moi popular. Incluso hai apps que se poden descargar. Se no voso fogar tedes a posibilidade de facelo sempre podedes animarvos con algunha que vos guste.
PROPOSTAS PARA O ALUMNADO DE 4º a 6º. Podedes escoller as actividades que máis vos gusten ou... facelas todas!
Helen Beatrix Potter (1866-1943) foi unha moi coñecida escritora e ilustradora inglesa.
Seguro que a moitos de vós vos soan os contos de Petter Rabbit, ou as películas baseadas neles.
Aquí vos deixo tres capítulos dunha serie que xa ten uns aniños pero é moi bonita e tedes imaxes de como era o entorno e a realidade da autora cando escribiu as historias de Peter Rabbit.
En Youtube tedes moitos vídeos de Peter Rabbit que podedes ver.
Esta é unha rima tradicional que fala dos Hot Cross Buns, uns boliños que tradicionalmente se comen por estas datas no Reino Unido.
Hot cross buns, hot cross buns,
One a penny, two a penny,
Hot cross buns.
If you have no daughters give them to your sons
Hot cross buns, hot cross buns.
Propóñovos que vos animedes a facelos nas vosas casas, veredes que están deliciosos, estou segura de que vos van encantar.
A miña última proposta é practicar un pouquiño de lectura. Propóñovos ler estes dous contiños. Primeiro escoitádeos (as veces que queirades) e logo animádevos a lelos. Podedes facelo ao mesmo tempo que a persoa do vídeo, ou silenciar o vídeo e facelo sen esa axuda. Como prefirades. Espero que vos gusten.
Como sabedes estamos a piques de que comence a Semana Santa, unha celebración que en inglés se chama Easter. A todos lles encanta, sobre todo por disfrutar das vacacións e os ovos de pascua de chocolate yummy!
Imos cantar agora unha canción dun Easter Bunny, moi parecida a esa que tanto vos gusta dun granxeiro que ten un can chamado B-I-N-G-O. Aquí está:
Propóñovos agora debuxar un Easter Bunny. Neste vídeo móstrasevos o proceso pasiño a pasiño:
E para seguir disfrutando destas datas. Aquí vos deixo a Peppa Pig e aos seus amigos en dúas interesantes Easter Adventures. Enjoy!