No cole aprendemos moito de alimentación saludable. Como mostra estas propostas para o almorzo de 3° de Primaria. Yummy!
1 nov 2020
4 oct 2020
THE WITCHES
THE WITCHES
As bruxas de Roald Dahl teñen unha maneira moi peculiar de expresarse e aqueles que xa disfrutástedes do libro sabédelo ben. Na aula de 6º imaxinamos que estarían bastante enfadadas co coronavirus e así é como cremos que botan sapos pola boca contra este virus. Agardamos que vos guste (o virus e as bruxas non, os nosos traballiños).
3 oct 2020
ARTS
Na aula de segundo estamos preparando un traballiño plástico con moita ilusión. Un mural sobre o conto 'Sharing A Shell' de Julia Donaldson.
29 sept 2020
THE WITCHES
Gustaríache ler 'The Witches' en inglés? Ou mellor aínda, que o leran para ti? Se é así ou se simplemente che gustaría saber como soa esta magnífica obra de Roald Dahl só tes que animarte a escoitar estes vídeos.
22 sept 2020
ROALD DAHL DAY
Neste curso tan falto de alma algunhas cousas seguen sendo extraordinarias, unha é o noso alumnado e a outra son os libros de Roald Dahl. Temos por costume comezar o curso escolar con este autor, sobre todo nos cursos máis altos, e este curso non foi diferente. Levamos xa uns días recordando o malísimas que son as bruxas da novela homónima de Dahl, tan malas coma o coronavirus.
Aquí deixo a proposta de celebración de Puffin Books para este ano:
13 sept 2020
4 jul 2020
Resumo dun curso moi especial
Aquí tedes un vídeo que resume un pouquiño o que foi este curso. Un curso escolar atípico pero non por iso menos especial. Agardamos que vos guste.
No blog da biblio tedes unhas recomendacións lectoras para o verán moi interesantes.
💓
Disfrutade e coidádevos moito. Vémonos en setembro.































