En sexto de primaria intentamos visualizar e describir como sería a nosa teacher ideal. Por suposto, había que deixar voar a imaxinación e intentar que se parecese o menos posible á famosa Trunchbull de Matilda 😉.
25 oct 2022
21 oct 2022
ROALD DAHL STORY DAY
Cada mes de setembro temos unha cita obrigada con Roald Dahl, un dos autores máis queridos por lectores de todo o planeta.
Traballamos 'The Enormous Crocodile' co alumnado de primeiro, segundo e terceiro. En cada aula adecuado ao seu nivel. Nos dous primeiros cursos foi tema principal da aula de Arts durante o mes de setembro.
16 oct 2022
ARTS
Updating the blog.
Fai tempo que non publicamos os nosos traballiños por aquí así que é hora de darlle movemento a este blog.
Continuamos a ter aula de ARTS & CRAFTS para 1° e 2°. Así que imos estrenar as publicacións deste curso co alumnado que estrena etapa.
Limos 'The Dot' de Peter Reynolds. Un libro marabilloso para espertar a motivación de cara á aula de plástica. E traballando co punto fixemos estas artistadas. Agardamos que vos gusten.
22 jun 2022
BE SMART ONLINE: FAKE OR REAL?
Rematamos este curso e queremos deixarvos por aquí os nosos traballiños relacionados co proxecto de Fake News.
17 abr 2022
MENS SANA IN CORPORE SANO
Canto estamos aprendendo este curso de alimentación saudable! Remataremos sendo grandes expertos na materia.
En lingua inglesa tamén aprendimos sobre froitas e verduras de tempada. E mirade, mirade que pratos máis deliciosos diseñou a aula de segundo. Gustaranlle a Puca?
16 ene 2022
BE SMART ONLINE: FAKE OR REAL?
Seguimos traballando en eTwinning, esta vez co proxecto 'BE SMART ONLINE:FAKE OR REAL?'
Aquí vos deixamos unhas fotos que mostran o traballo realizado para a nosa proposta de LOGO e VÍDEO presentación do noso cole. 💻🎬🗞
11 dic 2021
INDIA
Este curso contamos coa inestimable axuda de Waqar Bakshi na aula de lingua estranxeira e en Arts. Waqar procede da India e estamos aprendendo moito sobre a cultura do seu país.

































