8 dic 2022

AUTUMN

 O outono é unha estación moi fermosa cuns cambios e matices de cores naturais que invitan á calma pero tamén a disfrutar dos días cambiantes e inquedos.

Este curso fixemos diferentes actividades empregando recursos naturais. Estas pumpkins que vos mostramos, xunto coas brooms son só unha mostra.

Para a elaboración das pumpkins empregamos cartón sobrante de embalaxes e caixas (incluso de cereais do almorzo), pintura respetuosa co medio e prantas, flores e follas  da nosa contorna.

Agardamos que vos gusten.







5 nov 2022

Auxiliares de conversa

 Este curso contamos cunha persoa auxiliar de conversa chamada Akemi procedente de Filipinas.

Vai estar todo o curso no noso cole, unha nova que nos alegra moitísimo e esperamos aprender moito coa súa axuda.

Akemi é unha persoa excepcional que xa nos empezou a ensinar cousiñas do seu país de orixe e isto non fixo máis que comenzar.

Aquí tedes unha pequena mostra.