12 nov 2017
Somos Erasmus
Somos un cole Erasmus+.
O CEIP de Cervo forma parte dun proxecto Erasmus+ KA219 titulado 'Creating, Communicating, Our Diversity We Are Celebrating!', no que traballaremos durante este curso e o seguinte. Estamos moi ledos e orgullosos de formar parte da comunidade Erasmus, de colaborar con outros colexios e de vivir esta experiencia.
Os países que forman parte deste proxecto con nós son: Lituania, Turquía, Polonia, Portugal, Rumanía e Grecia. Con varios deles xa traballamos o curso anterior nun proxecto etwinning chamado 'United Through Creativity' e a experiencia foi fantástica.
Se pasades polo cole veredes que pouco a pouco se vai decorando e engalanando para a ocasión. Agardamos que todos disfrutemos ao máximo deste proxecto tan único e importante.
11 nov 2017
22 oct 2017
Good morning Mr Rooster
Unha das mellores maneiras de empezar o día é cantando. A nós encántanos darnos os bos días con esta canción. Ademais fixemos uns Roosters que nos quedaron moi chulos...
17 oct 2017
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


















