30 nov 2019

FLIP-FLOPS

Este curso estamos a facer na clase de Arts and Crafts traballiños moi interesantes que vos iremos mostrando pouco a pouco. Todos eles diferentes mais con algo en común, o aproveitamento de material vello ou de refugallo como parte de cada un dos nosos traballos.

Nesta primeira mostra tedes unha paisaxe moi do verán. As chanclas ou flip-flops están realizadas con revistas vellas e papel charol que tiñamos un pouco deteriorado. As tiras das chanclas están feitas coa goma eva verde que formaba parte da decoración da porta da aula de inglés o curso pasado.

Agardamos que vos gusten