20 may 2020

PROPOSTA. 3º A 6º DE PRIMARIA

BEES

A ONU declarou o 20 de maio como o 'DÍA MUNDIAL DAS ABELLAS' (WORLD BEE DAY) coa intención de crear consciencia sobre a enorme importancia que teñen os polinizadores e a súa contribución a un desenvolvemento sostible. As abellas enfróntanse nos días de hoxe a moitas ameazas. Debemos coidalas pois a súa contribución ao medio ambiente é fundamental e de enorme importancia. Visitade o blog de Voz Natura do noso cole para saber moito máis https://cervonatura.blogspot.com/

Neste vídeo aprenderedes moito sobre as abellas:


Outro vídeo, este con máis información, para os que queredes profundizar no tema:


Das abellas obtemos o mel e o polen, dous produtos moi apreciados.
Queredes ver como se recolle o mel?


E aquí vai a miña proposta. Que vos animedes (se podedes) a tomar un pouquiño de mel, ese alimento riquísimo que obtemos das abellas. E como? Pois que mellor que nunhas pancakes. Seguide esta receta de Jaime Oliver, moi doada de facer e saen riquísimas. Xa me contaredes.



Se queredes saber máis:
https://www.un.org/en/observances/bee-day

PROPOSTA PARA 1º e 2º DE PRIMARIA

BEES

A ONU declarou o 20 de maio como o 'DÍA MUNDIAL DAS ABELLAS' coa intención de crear consciencia sobre a enorme importancia que teñen os polinizadores e a súa contribución a un desenvolvemento sostible. As abellas son importantísimas. No blog de Voz Natura do noso cole tedes moita información sobre este día e moitas actividades para convertirvos en expertos en abellas https://cervonatura.blogspot.com/

Aquí tedes unha canción moi 'marchosa' na que contaremos abellas, titúlase 'The Bees Go Buzzing'. Buzz buzz é ese son que fan as abellas ao mover as ás.


'Here Is The Beehive' é outra canción de Super Simple Songs na que podemos aprender ou repasar moitas palabras e expresións coma:  beehive (colmea), hide away (esconderse), flying (voando), high (alto), low (baixo), fast (rápido), slow (despacio), left (esquerda), right (dereita), day (día), night (noite).


Seguro que algunha vez tivéstedes a sorte de ver algunha abella pretiño, probabelmente no campo. Pero, sabiades que hai xente coidando colmeas en cidades? Neste vídeo veredes a Catie cantarnos unha canción e tamén a acompañaremos a unha visita do máis interesante, a ver unhas colmeas de abellas nada menos que no centro de Toronto! (Toronto é unha cidade moi grande de Canadá, despois podedes buscar onde está). Xa veredes que interesante. Por certo Catie proponvos unha manualidade de ARTS moi chuli no vídeo, se vos gusta, podedes animarvos a facela.



Pero se a proposta de Catie vos parece moi complicada, ou non atopades o plástico de burbullas, ou se vos acabaron as témperas, ou simplemente non tedes o día de querer usar pinceis e preferides mancharvos menos. Aquí vos deixo outra 'bee' ben bonitiña e moi sinxeliña de facer (idea recollida de theartcraftythings.com). Recordade que para as manualidades é moi interesante empregar o que temos pola casa (xornais, revistas, caixas de cereais, cartóns de leite, oveiras, paquetes de comida, etc todo é material que está desexando que lle demos unha nova vida)



Big hug💓

18 may 2020

PROPOSTA PARA 4º DE PRIMARIA


PROPOSTA PARA 4º DE PRIMARIA.

Esta semana a proposta para 4º de Primaria segue estando baseada na primeira unidade traballada durante o primeiro trimestre. Esta vez centrarémonos en repasar como decir a hora en inglés.

Debemos recordar:
  • A hora en inglés, ao igual que no noso idioma, pode expresarse de varias maneiras. Esta que imos repasar aquí é a que nos costou un pouquiño máis aprender.
  • A agulla grande (big hand) marca os minutos (minutes).
  • A agulla pequena (little hand) marca as horas.
  • En inglés dicimos primeiro os minutos e despois a hora.
  • Para expresar os minutos que pasan da hora e ata que é ‘e media’ empregamos a palabra ‘past’.  Exemplo: It’s ten past four = Son as catro e dez (pasan dez minutos das catro)
  • Unha vez que pasamos da media hora (half past), en inglés contamos os minutos que faltan para a seguinte hora, expresámolo con ‘to’.   Exemplo: It’s ten to four = Son as catro menos dez (faltan dez minutos para as catro).

Aquí temos un vídeo que nos axudará a recordar:


 Agora que xa recordamos un pouquiño. Propóñovos ver outro vídeo e facer os xogos . 



Eu recoméndovos ver os vídeos varias veces. Axudaravos moito a aprender.
E por si aínda vos apetece facer algo máis, déixovos un enlace para outro xogo:

Moito ánimo. Seguimos aprendendo💓

13 may 2020

PROPOSTA 3º PRIMARIA. Brush your teeth

PROPOSTA 3º DE PRIMARIA.

Esta semana imos falar do importante que é ter uns bos hábitos de hixiene bucal. Debemos lavar ben a nosa dentadura tódolos días. Esta canción axudaravos a recordar a maneira de facelo moi ben:



Recordade que para ter uns dentes sans e fortes, ademáis da hixiene, tamén é moi importante unha  alimentación saludable onde abunden as froitas e as verduras. Consello que nos recordan Elmo e Abby neste vídeo:


Aquí vos deixo os enlaces a uns xogos onde podedes practicar o nome das partes do corpo en inglés.

https://learnenglishkids.britishcouncil.org/word-games/parts-the-body-head
https://learnenglishkids.britishcouncil.org/word-games/parts-the-body-1
https://learnenglishkids.britishcouncil.org/word-games/parts-the-body-2

Big hug💓

PROPOSTA 5º-6º. FLORENCE NIGHTINGALE

PROPOSTA 5º E 6º

Onte, 12 de maio, conmemorouse o DÍA INTERNACIONAL DA ENFERMERÍA. No blog da biblioteca do noso cole tedes unha entrada fantástica sobre este tema e sobre Florence Nightingale, considerada a fundadora da enfermería moderna. A labor dos enfermeiros e enfermeiras é moi necesaria e importante, agora e sempre.

Eu propóñovos estudar un pouquiño a Florence Nightingale na lingua estranxeira. Nightingale é unha figura moi querida para os británicos e da que se senten moi orgullosos. Florence coidou aos soldados británicos que loitaron na guerra de Crimea no 1854. Á súa volta a raíña Victoria escribiulle unha emotiva carta de agradecemento e ademáis foi a primeira muller en recibir a 'Order of Merit' un recoñecemento moi importante.


   

Neste mesmo link, ademáis do vídeo tedes unhas actividades sobre o mesmo, xunto con unha proposta de escritura respostando á pregunta de 'Que queres ser de maior?', sabedes o que queredes ou vos gustaría ser? Podedes intentar escribilo.

Tamén vos propoño un xogo para practicar o tema da saúde e o vocabulario relacionado con ela:
https://learnenglishkids.britishcouncil.org/word-games/health-and-illness

Un poema sobre hábitos saludables. Seguide o enlace e veredes que a continuación do poema tedes uns xogos para practicar a comprensión do mesmo:
https://learnenglishkids.britishcouncil.org/poems/being-healthy

Se queredes practicar máis propóñovos ver este vídeo no que un neno se atopa bastante mal e sinte diversas molestias ao longo do día. Verédelo ao clicar o enlace e, a continuación do vídeo tamén tedes máis xogos e actividades.
https://learnenglishkids.britishcouncil.org/short-stories/im-too-ill

Big hug💓

11 may 2020

PROPOSTA PARA 4º DE PRIMARIA




Esta semana a proposta para 4º de Primaria está baseada na primeira unidade traballada durante o primeiro trimestre. Recordades? School subjects, the time, etc.
Agora que estamos nas nosas casas hai unha tarefa que non realizamos: preparar a nosa mochila. O vídeo que vos presento a continuación ofrece interesantes consellos para preparar de maneira adecuada a nosa mochila para ir ao cole. Escoitade con atención e tomade nota pois cada vez queda menos para volver.



Debaixo do vídeo tedes que clicar onde pon ‘game’ e xogar. Axudaravos a entender mellor o vídeo e aprenderedes moito.
Tamén tedes unhas actividades escritas que podedes imprimir:



Para repasar vocabulario relacionado coa escola propóñovos máis xogos:

 Recordade que podedes ver todas as propostas publicadas para 4º buscando a etiqueta #yearfour

Big hug💓

8 may 2020

PROPOSTA DE ARTS

Boa tarde.

A nosa compañeira Amelia achéganos unha proposta de Arts que a ela lle encantou. Coido que vos vai buscar moitísimo.
Aquí vos deixo o vídeo tutorial que me achegou Amelia:


Este é o traballo de Amelia.


Espero que vos guste esta proposta.
Moito ánimo.

Big hug💓

6 may 2020

PROPOSTA PARA 2º

PROPOSTA PARA 2º

Boa tarde.
Esta semana propóñovos facer un repasiño dun dos primeiros temas que vimos no primeiro trimestre 'The Solar System', ou o sistema solar. 

Unha das cancións que traballamos para coñecer os planetas do 'Solar System' foi esta, recordades?


Aquí tedes un pequeno vídeo duns nenos cantando e xogando a ser planetas:


Para repasar o vocabulario un pouco máis:


ARTS

Propóñovos unha actividade de Arts moi chula. Facer unha MOON (LÚA). Os materiais poden variarse. Non precisamos acuarelas se non temos, podemos empregar un pouco de pintura negra de témpera e botarlle auga para que quede máis acuosa, como se fose unha acuarela. Se non temos témpera nin acuarela podemos intentar facelo con lapis de cores, ceras, etc. O importante é intentalo e aprender. A continuación tedes un vídeo explicativo sobre como facer esta proposta de arte. Pero antes, unha canción moi chula sobre a Lúa.

The Moon Song

Arts
------------------
SE QUEREDES VER MÁIS COUSIÑAS...

The Solar System, de StoryBots

Black Holes


Unha spaceship precisa un lavado


4 may 2020

PROPOSTA PARA 1º

PROPOSTA PARA 1º

Imos repasar os números en inglés (English) ata o five (5) con esta bonita canción.


Se vos apetece, podedes colorear algunha destas bonitas láminas:
https://supersimple.com/free-printables/treetop-family-coloring-pages-episode-1/


Imos agora practicar ata o ten (10)


AQUÍ VOS DEIXO UNHA PROPOSTA DE ARTS MOI SINXELIÑA DE FACER 'A FISH'.
Se non tedes papel de cores podedes empregar: xornais vellos, revistas, cartóns de leite, envases de conservas, etc. Todo o que teñades pola casa.
Esta proposta é unha idea de  www.thecrafttrain.com   e aquí tedes o link https://www.thecrafttrain.com/paper-fish-craft/