27 mar 2020

MR. BEAN

PARA DISFRUTAR!

MR. BEAN

SHAUN THE SHEEP

RAA RAA THE NOISY LION


AND DON'T FORGET TO... WASH YOUR HANDS!


26 mar 2020

HARRY POTTER FOR YEAR 5

PROPOSTA PARA 5º DE PRIMARIA

Bo día, esta proposta que vos deixo por aquí está relacionada con Harry Potter, que sei que vos gusta.

Como xa levamos uns días na casa e precisamos movernos, que vos parece un pouco de yoga inspirado en Harry Potter? Aquí o tedes:


A continuación un vídeo no que vos mostran lugares que serviron de inspiración para os libros e unhas actividades:
https://learnenglishkids.britishcouncil.org/video-zone/top-five-places-inspired-harry-potter

Esta é a páxina á que vos leva o link



Como vedes propóñenvos dous xogos relacionados co vídeo:


E tamén unhas actividades:





Se vos apetece, podedes facer un tour ou explorar o parque Warner en Londres de Harry Potter
https://www.wbstudiotour.co.uk/es/explore-the-tour/


 Ou escoitar á propia autora da saga, J.K. Rowling. Esta é unha entrevista que lle fixeron con moitos nenos xa fai uns aniños:

https://youtu.be/lT_1DllVQ9c

Espero que vos guste.
Unha aperta forte💓

MYTHS FOR YEAR 6!

PROPOSTA PARA 6º DE PRIMARIA.

Fai un tempiño aprendimos moito sobre criaturas mitolóxicas, recordades?

Tamén vimos unha parte dun filme. Pois ben, penso que vos pode gustar ver este vídeo que mostra parte da rodaxe de 'THE CHRONICLES OF NARNIA: THE LION, THE WITCH AND THE WARDROBE' (recordade activar os subtítulos cando vexades os vídeos)


Tamén vos deixo un xogo

https://learnenglishkids.britishcouncil.org/word-games/mythical-creatures

Unha canción

https://learnenglishkids.britishcouncil.org/songs/what-can-it-be

Se queredes saber máis, aquí vos deixo uns vídeos moi chulos de mitoloxía grega:



E hai moitos máis...

Unha aperta forte💓

24 mar 2020

Good morning!

PROPOSTA PARA 4º DE PRIMARIA.

Antes que nada, a cantar!


Cando remataron as clases estabamos rematando uns 'portraits', recordades? Seguro que prontiño poderemos volver ás aulas e rematar esas obras de arte.
Mentras tanto, propóñovos ver 'Portraits', de artistas moi recoñecidos, visitando algúns dos museos máis importantes a nivel mundial.

A nosa primeira parada farémola na Gallería Uffizi, en Florencia, Italia https://www.uffizi.it/
Se seguides este link https://www.uffizi.it/en/events/i-volti-della-riforma-lutero-e-cranach-nelle-collezioni-medicee     e ides ao final da páxina poderedes descubrir incríbles 'portraits'.


Na mesma galería ofrecen a posibilidade de descubrir a historia de algunhas das súas obras de arte máis famosas. Todas elas en HD e con descripcións das mesmas. https://www.uffizi.it/en/online-exhibitions


Despois de estas rutas turísticas teño unha proposta para vós. Apetécevos facer un retrato de arte abstracto? É unha idea totalmente diferente ao tipo de arte que acabades de visitar, mais penso que vos pode gustar, aquí tedes unha idea:
https://artprojectsforkids.org/draw-abstract-self-portrait/

A miña segunda proposta é que coñezades a un pintor chamado George Seurat. Seurat empregaba con gran maestría unha técnica denominada puntillismo. Aquí tedes un vídeo no que podedes coñecelo:


E aquí explican moi ben o puntillismo:


Pois ben, a miña terceira proposta é que vos animedes a facer unha obra de arte empregando a téncica do puntillismo. Pode ser: un bodegón, un retrato, unha paisaxe, unha composición abstracta ou calquera idea que se vos ocurra. Estou desexando ver esas pezas artísticas!

-Para aqueles que queirades saber máis sobre George Seurat:


 https://www.ducksters.com/biography/artists/georges_seurat.php
https://www.nationalgallery.org.uk/artists/georges-seurat

- Para aqueles que queirades seguir visitando museos:

https://www.metmuseum.org/learn/kids-and-families
https://www.museodelprado.es/recorrido/visita-virtual/742f132f-8592-4f96-8e5a-9dad8647bc4c
https://www.museothyssen.org/thyssenmultimedia/vv_inmersivas

Big hug!💓

23 mar 2020

HELLO YEAR 3!

PROPOSTA PARA 3º DE PRIMARIA.

Deixamos o cole fai uns días e deixamos a medias un mini proxectiño de dinosaurio. Recordades?
Pois mentras agardamos o momento de poder rematalo, que vos parece se recordamos e repasamos un pouquiño?

Cantamos? Veña, aquí tedes dúas moi sinxeliñas que vos van animar:



Apetécevos visitar un parque de dinosaurios? seguro que si. Atentos:


Sabemos moitas cousiñas dos dinosaurios grazas aos fósiles, queredes saber como se forman? Atentos a este vídeo:



PROPÓÑOVOS AGORA O SEGUINTE:
- Para aqueles aos que lles encante cantar, intentádeo con estas cancións. Non son doadas, mais o esforzo seguro que paga a pena.

Velociraptor Rap From Andy's Dinosaur Adventures - CBeebies

Dinosaur Story Season 1 Singalong 

 
- A seguinte actividade que vos propoño é a de debuxar un dinosaurio. Guiaravos a man do incríble Nick Sharratt, un luxo telo de profe. Disfrutádeo!


- Para finalizar, déixovos uns links para xogar:


- Se non é suficiente, non deixedes de visitar a páxina web do Museum of Natural History de London https://www.nhm.ac.uk/discover/dinosaurs.html 
ou a de National Geographic Kids https://kids.nationalgeographic.com/

Enjoy!💓 

HELLO YEAR 2!

PROPOSTA PARA 2º DE PRIMARIA.

Hello everybody! Let's sing!


Despois de cantar imos practicar un pouquiño a lectura en inglés, venga, seguro que vos sae moi ben.
Lede este contiño ao mesmo tempo ca o vídeo:


Aquí tedes un conto de piratas moi chulo. Os piratas, como sabedes, sempre andan buscando tesouros. Neste caso o tesouro desexado son uns 'golden underpants' Si, si. Será porque son de ouro ou porque lles pirra a roupa interior? 😏💭 Non o teño claro, a ver que vos parece a vós, xa me contades 😉


Ben, pois seguimos falando de underwear e de 'underpants'. Mirade este outro conto:


Cantamos?


ACTIVIDADES:
. Queres diseñar unha colección de 'underpants'? Anímate. Podes diseñalos con perneiras longas para o inverno (ou de lá), de moitas cores, con raias, con lunares, con aletas de tiburón, con petos para o diñeiro, con volantes, con alas... Fai os teus deseños e, se é posible, busca vocabulario relacionado cos mesmos e escríbeo (referente ás cores, ao material, forma, adornos, etc)
. A outra actividade que che propoño é facer un barco pirata. Tes unha idea moi chula e sinxeliña nesta web:
https://www.teatimemonkeys.com/pirate-ship-craft/

Apertas 💓

TODAY IS MONDAY

PROPOSTA PARA 1º DE PRIMARIA

MOI FELIZ LUNS!
Comenzamos unha nova semana así que... a disfrutala!

Primeiro, a cantar!


Agora que sabemos a canción de memoria 😉 imos repasar as cores. Recordas estas cancións? estou segura de que si.



   


E agora propóñovos facer un collage empregando revistas vellas que teñades pola casa ou outros recortes. Recortade con tesoiras ou empregando as puntas dos dedos (ou ben das dúas maneiras) aqueles obxectos, persoas, formas, paisaxes, etc que vos gusten. Unha vez teñades unha boa cantidade de recortes, empezade a colocalos sobre un folio ou cartulina. Cando teñades clara a disposición que máis vos guste para todo o que recortáchedes é o momento de pegalo todo. Tamén podedes 'tunear' os vosos recortes dándolles un toque de cor ou textura.

Que non se vos ocurre nada? Non sabedes como comezar? Mirade o que fai LorriMarie, ao mellor vos da ideas:





Estou desexando ver o que facedes 💓




19 mar 2020

ARTS AND CRAFTS

Estes son os últimos traballiños feitos na aula de Arts&Crafts polos grupos de 1º e 2º. Quedáronlles fantásticos!




18 mar 2020

Un conto

Aquí vos deixo un conto popular irlandés, espero que vos guste. Leva por título 'Nora Mavourneen And The Fairy Queen'.


E tamén a visita dos nosos amigos de Sesame Street a unha escola de danza irlandesa:


Let's sing!

Imos cantar Galway Girl. Unha canción moi, moi coñecida. Aquí tedes a Steve Earle cantando esta canción.


E agora outra Galway Girl, unha canción máis actual de Ed Sheeran:
Enjoy!
   

Ireland

Viaxemos tamén á República de Irlanda. Un país moi fermoso



E a Dublín

E a Galway



Let's travel

Bo día.
Apetécevos seguir coñecendo Irlanda?

No enlace que tedes aquí podedes ler máis cousiñas sobre Irlanda do Norte (Northern Ireland)

https://learnenglishteens.britishcouncil.org/uk-now/read-uk/northern-ireland







Ao final da páxina tedes unha proposta de exercicios online.






E para coñecer mellor Northen Ireland:


E, se vos apetece cociñar, aquí vos deixo a receta para o soda bread:
https://learnenglishteens.britishcouncil.org/magazine/life-around-world/recipe-irish-wheaten-bread







17 mar 2020

Crafts

Xa que é un día de celebración... que vos parece facer unhas manualidades?
Estas son algunhas ideas, mais seguro que a vós se vos ocurren moitas máis.

Enjoy!


E para quen prefira debuxar...


St. Paddy's


Gustariavos saber por que se celebra este día e como?
Aquí tedes uns vídeos que o explican moi ben. Espero que vos gusten





Happy St. Patrick's Day!

Happy St. Patrick's Day everybody!

Hoxe martes, para celebrar San Patricio dende as nosas casas, propóñovos aprender un pouco de danza irlandesa. Animádesvos?
Let's dance!







 


16 mar 2020

St. Patrick's Day!

A semana de St. Patrick's Day é moi excitante no cole e pasámolo moi ben.

Este ano non podemos compartir esta festividade todos xuntos, mais sempre hai maneiras de poder levar esta situación, tan atípica, con bo humor. Así que, vístete ou adórnate con algo green e disfrutemos desta semana.

Poñamos música. Aquí tedes unha canción moi coñecida, animádevos a cantala. Leva por título 'I'll Tell Me Ma', hai moitas versións, esta que vos deixo aquí é só unha delas:


Recoméndovos dous filmes 'The Secret Of  Kells' e 'Song Of The Sea'.

E tamén vos deixo uns contiños:

'The Story Of The Leprechaun' (para 4º, 5º e 6º)


'The Night Befor St. Patrick's Day' (1º, 2º e 3º)



ARTS AND CRAFTS (1º e 2º)
Nesta ocasión non poderemos construir a nosa trampa para conseguir atrapar un Leprechaun... non importa, seguro que eles tamén se están protexendo e axudando a frear o Covid-19 cerradiños nas súas casas. Así que, sería practicamente imposible atrapar algún, aínda que tivésemos a trampa.
Que tal se debuxamos un pot of gold?
Aquí vos deixo este tutorial. Intentade seguir as instruccións. Gardade o voso traballo!