5 nov 2022

Auxiliares de conversa

 Este curso contamos cunha persoa auxiliar de conversa chamada Akemi procedente de Filipinas.

Vai estar todo o curso no noso cole, unha nova que nos alegra moitísimo e esperamos aprender moito coa súa axuda.

Akemi é unha persoa excepcional que xa nos empezou a ensinar cousiñas do seu país de orixe e isto non fixo máis que comenzar.

Aquí tedes unha pequena mostra.





1 nov 2022

QUEEN ELIZABETH II

 Comezado este curso produciuse o falecemento da raíña Isabel II de Inglaterra. Na aula de lingua inglesa sempre adicamos tempo a falar de tradicións, aspectos culturais dos países de fala inglesa, historia, música, arte, etc.

A morte de Queen Elizabeth II marca un momento de gran importancia na historia do Reino Unido e os países da Commonwealth e, polo tanto, achegámonos á súa figura e coñecimos un pouco a súa traxectoria. 

Nas aulas de Arts&Crafts realizamos un collage con dibuxos representativos da familia real e as iconas máis asociadas a ela.