16 jun 2020

PROPOSTA 1º A 3º DE PRIMARIA

PROPOSTA 1º A 3º DE PRIMARIA.

Xa chegan as vacacións e toca despedir este curso tan diferente que nos tocou vivir este ano, seguro que nunca o esqueceremos. Espero que disfrutedes moito destas merecidas vacacións e, para ir abrindo boca, aquí vos deixo un conto, unha canción e unha proposta de debuxo que espero que vos gusten e vos divirtan.


Let's go to the beach. Catie's classroom (film)




What The Ladybird Heard On Holiday (story)



Pete the cat. We are going to the beach song


Draw a shark and other sea creatures by Nick Sharratt


The rainbow fish (film)


Big hug💓

PROPOSTA 3º A 6º DE PRIMARIA

PROPOSTA 3º A 6º DE PRIMARIA.

Xa chega o verán e toca despedir este curso tan diferente que nos tocou vivir este ano, seguro que nunca o esqueceremos. Espero que disfrutedes moito destas merecidas vacacións. Aquí vos deixo unha última proposta pero non tardaremos en vernos e en seguir aprendendo xuntos.

Ao alumnado de 6º desexámoslle o mellor nesta nova etapa que están a piques de iniciar e simplemente animalos a que a disfruten moito.

Un pequeno vídeo onde escoitaredes a lingua estranxeira sen filtros. Aquí un osiño chamado 'Barnaby Bear' cóntavos as súas últimas vacacións en autocaravana e as aventuras que viviu.



Un conto de Winnie the Witch. Esta vez Winnie vai á praia. Levará ben Winnie a calor? E Wilbur?



Unha historieta animada the Pete the Cat



Unha canción súper divertida 'The Beach Baby, Yeah!'



Unha proposta de exercicio. Yoga time!

 Big hug💓

9 jun 2020

PROPOSTA 3º DE PRIMARIA

PROPOSTA PARA 3º DE PRIMARIA

CAN/CAN'T

Esta semana propóñovos repasar un pouquiño o emprego de can e can't. Recordade que empregamos 'can' cando queremos expresar a nosa habilidade ou capacidade de realizar unha actividade e 'can't' cando non podemos, sabemos ou somos capaces de facer unha cousa. Para isto propóñovos cantar estas cancións e intentar co voso corpo expresar o significado das mesmas, ou sexa, realizar o que van dicindo as cancións co voso corpo. Ánimo, será divertido.





Unha última canción, da que ademáis tedes un xogo e unhas actividades para facer:

https://learnenglishkids.britishcouncil.org/songs/i-can-run


Máis xogos:
https://www.mes-games.com/can.php 
https://www.cambridgeenglish.org/learning-english/parents-and-children/activities-for-children/a1-level/m-s-01-free-time/ 

Espero que vos gusten, que vos divirtades e aprendades moito.

Big hug💓

5 jun 2020

PROPOSTA 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

PROPOSTA PARA 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

Estes días propóñovos repasar un pouquiño o vocabulario e as estructuras relacionadas coa cidade, vilas ou pobos.
Para iso, aquí tedes uns vídeos que vos axudarán a recordar:



E unha canción:

Propóñovos facer os seguintes xogos para aprender máis:
https://learnenglishkids.britishcouncil.org/word-games/places-town-1
https://learnenglishkids.britishcouncil.org/word-games/places-town-2
https://learnenglishkids.britishcouncil.org/word-games/places-town-3


E se queredes máis cousiñas porque vos apetece, pois deixo por aquí unha cancionciña que fala de diferentes lugares do mundo. E, se queredes, tamén podedes facer as tarefas relacionadas coa canción.
https://learnenglishkids.britishcouncil.org/songs/one-small-world







Espero que vos gusten.
big hug💓

3 jun 2020

PROPOSTA 2º PRIMARIA

PROPOSTA 2º DE PRIMARIA

Esta semana propóñovos repasar un pouco o vocabulario relacionado coa casa que traballamos durante o primeiro trimestre.


ROOMS.
As habitacións da casa:


DIALOGUE.
Aquí tedes un diálogo para escoitar e intentar recoñecer algunhas das palabras que din, axudándonos coas imaxes. O exercicio é recoñecer palabras no medio dunha conversa. Así que, si recoñecedes palabras con claridade no medio da conversa, significa que o estades facendo xenial.


A cantar!


XOGOS PARA REPASAR:
https://learnenglishkids.britishcouncil.org/word-games/furniture
https://learnenglishkids.britishcouncil.org/word-games/home-objects
https://www.eslgamesplus.com/bedroom-esl-vocabulary-memory-game/

ARTS

Esta semana propóñovos atrevervos con este fantástico 'sunflower' (xirasol). Podedes empregar como base un prato de cartón. Pero recordade que, botándolle imaxinación, pode que teñamos algo pola casa que nos poda valer para a base do noso 'sunflower', dende a tapa dun bote de comida ata un cartón de leite recortado. É importante reutilizar na medida do posible.
Os pétalos están feitos con papel de xornal e coloreados con témpera pero podedes pintalos con cera. Unha vez pintado o papel de xornal, dádelle a volta e debuxade os pétalos antes de recortalos. Desta maneira poderedes controlar mellor o tamaño e a forma que queredes darlles.
Para a decoración do centro eu propóñovos empregar lentellas, que seguro que tedes pola casa.

 Idea recollida de:
https://iheartcraftythings.com/

Big hug💓

2 jun 2020

PROPOSTA 5º E 6º DE PRIMARIA

PROPOSTA PARA 5º E 6º DE PRIMARIA

Este luns estivemos falando das tarefas domésticas household chores. É moi importante que as persoas que convivimos colaboremos activamente, na medida das nosas posibilidades, a realizar o traballo da casa. O traballo repartido é máis doado de levar a cabo.

Repasemos o vocabulario e expresións:



Mirade e escoitade con atención estas conversas. Propóñovos dúas actividades:
1- Elaborade unha lista coas tarefas que fan os pequenos de cada unha das familias.
2- Elaborade un mural, documento, debuxo... onde reflexedes diferentes tarefas domésticas que seriades capaces de facer nos vosos fogares.



E agora, unha canción moi divertida

Big hug💓

PROPOSTA PARA 1º DE PRIMARIA.

PROPOSTA PARA PRIMEIRO DE PRIMARIA

BODY PARTS

Imos repasar as partes do corpo con algunhas das cancións que traballamos no cole. Espero que vos guste recordalas, cantalas e bailar!


 


  




Tamén vos vou deixar por aquí uns xogos online que agardo que vos gusten.
Recordade, cantade as cancións moitas veces e xogade todo o que poidades.



ARTS

Esta semana propóñovos atrevervos con este fantástico 'sunflower' (xirasol). Podedes empregar como base un prato de cartón. Pero recordade que, botándolle imaxinación, pode que teñamos algo pola casa que nos poda valer para a base do noso 'sunflower', dende a tapa dun bote de comida ata un cartón de leite recortado. É importante reutilizar na medida do posible.
Os pétalos están feitos con papel de xornal e coloreados con témpera pero podedes pintalos con cera. Unha vez pintado o papel de xornal, dádelle a volta e debuxade os pétalos antes de recortalos. Desta maneira poderedes controlar mellor o tamaño e a forma que queredes darlles.
Para a decoración do centro eu propóñovos empregar lentellas, que seguro que tedes pola casa.

 Idea recollida de:
https://iheartcraftythings.com/