Seguimos mostrando traballos relacionados con este proxecto eTwinning.
Aquí nos tedes realizando as postais dixitais que enviamos a diferentes escolas e tamén abrindo as primeiras postais en papel que chegaron ao noso cole ✉ 📧
Seguimos mostrando traballos relacionados con este proxecto eTwinning.
Aquí nos tedes realizando as postais dixitais que enviamos a diferentes escolas e tamén abrindo as primeiras postais en papel que chegaron ao noso cole ✉ 📧
Traballando arredor do 'Roald Dahl Story Day' aprendimos a presentar amigos imitando o estilo de James (ao remate de James And The Giant Peach).
E disfrutamos debuxando aos simpáticos Oompa Loompas da man de Quentin Blake.
Este proxecto eTwinning pensado para celebrar o Día europeo das linguas foi moi divertido.
Comezamos facendo unhas máscaras ben chulas empregando o logo de eTwinning e despois fixemos unhas postais incríbles que enviamos a centros de diferentes países europeos.
Roald Dahl é un autor moi presente no CEIP de Cervo onde, dende fai varios anos, nos sumamos ás celebracións do 'Roald Dahl Story Day'. Aínda que o propio día da celebración é o 13 de setembro nos adoitamos extender a compañía deste fantástico autor e as súas obras durante semanas.
Coas aulas de quinto e sexto traballamos parte do texto de 'James And The Giant Peach' e debuxamos da man do incrible Quentin Blake.
Arrancamos este novo curso e no CEIP de Cervo temos dous novos proxectos eTwinning en marcha. O primeiro deles é EUROPEAN LANGUAGES: BRIDGE FOR CULTURAL DIVERSITY. Un proxecto no que participan moitos centros europeos e no que nos unimos para facer un intercambio de postais (de papel e dixitais), coñecernos e, sobre todo celebrar o Día Europeo das Linguas.
Este é o noso logo:
O alumnado de quinto de primaria despediu este curso iniciándose na linguaxe narrativa do comic en lingua estranxeira. Para realizar os comics empregamos a plataforma Pixton e quedáronlles moi ben!
Así rematamos o curso en Arts&Crafts, rematando un traballo con tiras de pael charol e traballando moito coa pasta de modelar e os pinceis. Canto disfrutamos!