2 ene 2017

Scones

Durante as vacacións de Nadal poden facerse actividades diferentes e variadas. Aproveitando que temos máis tempo... podiades animarvos a cociñar! O alumnado de quinto fixo uns scones riquísimos no primeiro trimestre. Sons uns boliños moi sinxeliños de facer e con ingredientes que todos temos pola casa.
Precisaredes: fariña, manteiga, azucre, sal, leite e un pouco de zume de limón para cortar este último.






Primeiro temos que misturar a fariña coa manteiga ata conseguir unha base migada. Logo introducimos o leite cortado co limón, o sal, o azucre e o lévedo (aínda que a nosa fariña non o precisaba porque xa viña preparada). O máis importante é non amasar moito, hai que mezclar os ingredientes pero sin apelmazar, por iso algúns cociñeiros recomendan facelo cun coitelo.




A masa debe quedar moi espesa e esponxosa. Estírase nunha superficie limpa e enfariñada para que non pegue. Non a estiraremos máis fina do que poden ser un ou dous centímetros. Agora é  o momento de cortala cun molde redondeado e ir colocando os cortes na bandexa do forno. Podemos poñerlle un pouco de ovo batido por encima para que queden máis dourados.


Dez ou doce minutiños de forno e... xa están listos!


Espero que vos gusten 😋

No hay comentarios:

Publicar un comentario