27 ene 2019

CREATIVE CLASSROOM

Cada ano participamos nun intercambio de postais proposto polo grupo the traballo de eTwinning 'Creative Classroom'. É unha iniciativa na que os mestres poden participar a título individual e enviar as postais aos seus colegas europeos ou facelo co alumnado. As postais envíanse a seis mestres participantes do grupo.
Nós este ano decidimos facelo ao grande e dar moitas sorpresas. O alumnado da aula de 3º creou unhas postais preciosas que enviamos non só aos mestres que nos correspondían no noso grupo de intercambio (6 mestres), senón que decidimos, de maneira aleatoria, escoller mestres de outros grupos para enviarlles postais e darlles unha sorpresa. Esperamos que lles gustasen moito.





No hay comentarios:

Publicar un comentario