BODY PARTS
Imos repasar as partes do corpo con algunhas das cancións que traballamos no cole. Espero que vos guste recordalas, cantalas e bailar!
Tamén vos vou deixar por aquí uns xogos online que agardo que vos gusten.
Recordade, cantade as cancións moitas veces e xogade todo o que poidades.
ARTS
Esta semana propóñovos atrevervos con este fantástico 'sunflower' (xirasol). Podedes empregar como base un prato de cartón. Pero recordade que, botándolle imaxinación, pode que teñamos algo pola casa que nos poda valer para a base do noso 'sunflower', dende a tapa dun bote de comida ata un cartón de leite recortado. É importante reutilizar na medida do posible.
Os pétalos están feitos con papel de xornal e coloreados con témpera pero podedes pintalos con cera. Unha vez pintado o papel de xornal, dádelle a volta e debuxade os pétalos antes de recortalos. Desta maneira poderedes controlar mellor o tamaño e a forma que queredes darlles.
Para a decoración do centro eu propóñovos empregar lentellas, que seguro que tedes pola casa.
Idea recollida de:
https://iheartcraftythings.com/
No hay comentarios:
Publicar un comentario