Coa axuda de Akemi aprendemos cousas sen parar sobre Filipinas. Este mes centramos a nosa aprendizaxe no Nadal e en como o celebran, que comen, etc. Sabíades que alá comezan a prepararse para o Nadal o día 1 de setembro?😁
Akemi ensinounos a facer 'parols' de papel. Os parols son o adorno máis popular en calquera casa das Filipinas ou onde vivan xente de Filipinas. Quedáronnos chulísimos🇵🇭🎄🎄🎆🎆
No hay comentarios:
Publicar un comentario