2 ene 2017

Christmas cards

O intercambio de postais durante a festividade de Halloween gustou tanto ao alumnado que as teachers decidimos repetir polo Nadal. Fixemos dúas postais que nos quedaron moi chulas.





O alumnado de Burela fixo uns calendarios chulísimos. A nós fíxonos moitísima ilusión encontrar debaixo de cada día a cara dun pequeno, e xogamos a adiviñar cal deles se correspondería con cada nome. 

Estas son as nosas postais rematadas




Aquí tedes unha foto das nosas postais antes de ser enviadas ao cole de Burela e os Advent Calendars tan chulos que nos enviaron eles.




3 comentarios: