Fai un tempiño aprendimos moito sobre criaturas mitolóxicas, recordades?
Tamén vimos unha parte dun filme. Pois ben, penso que vos pode gustar ver este vídeo que mostra parte da rodaxe de 'THE CHRONICLES OF NARNIA: THE LION, THE WITCH AND THE WARDROBE' (recordade activar os subtítulos cando vexades os vídeos)
Cando remataron as clases estabamos rematando uns 'portraits', recordades? Seguro que prontiño poderemos volver ás aulas e rematar esas obras de arte.
Mentras tanto, propóñovos ver 'Portraits', de artistas moi recoñecidos, visitando algúns dos museos máis importantes a nivel mundial.
Na mesma galería ofrecen a posibilidade de descubrir a historia de algunhas das súas obras de arte máis famosas. Todas elas en HD e con descripcións das mesmas. https://www.uffizi.it/en/online-exhibitions
Despois de estas rutas turísticas teño unha proposta para vós. Apetécevos facer un retrato de arte abstracto? É unha idea totalmente diferente ao tipo de arte que acabades de visitar, mais penso que vos pode gustar, aquí tedes unha idea: https://artprojectsforkids.org/draw-abstract-self-portrait/
A miña segunda proposta é que coñezades a un pintor chamado George Seurat. Seurat empregaba con gran maestría unha técnica denominada puntillismo. Aquí tedes un vídeo no que podedes coñecelo:
E aquí explican moi ben o puntillismo:
Pois ben, a miña terceira proposta é que vos animedes a facer unha obra de arte empregando a téncica do puntillismo. Pode ser: un bodegón, un retrato, unha paisaxe, unha composición abstracta ou calquera idea que se vos ocurra. Estou desexando ver esas pezas artísticas!
-Para aqueles que queirades saber máis sobre George Seurat:
Deixamos o cole fai uns días e deixamos a medias un mini proxectiño de dinosaurio. Recordades?
Pois mentras agardamos o momento de poder rematalo, que vos parece se recordamos e repasamos un pouquiño?
Cantamos? Veña, aquí tedes dúas moi sinxeliñas que vos van animar:
Apetécevos visitar un parque de dinosaurios? seguro que si. Atentos:
Sabemos moitas cousiñas dos dinosaurios grazas aos fósiles, queredes saber como se forman? Atentos a este vídeo:
PROPÓÑOVOS AGORA O SEGUINTE:
- Para aqueles aos que lles encante cantar, intentádeo con estas cancións. Non son doadas, mais o esforzo seguro que paga a pena.
Velociraptor Rap From Andy's Dinosaur Adventures - CBeebies
Dinosaur Story Season 1 Singalong
- A seguinte actividade que vos propoño é a de debuxar un dinosaurio. Guiaravos a man do incríble Nick Sharratt, un luxo telo de profe. Disfrutádeo!
Despois de cantar imos practicar un pouquiño a lectura en inglés, venga, seguro que vos sae moi ben.
Lede este contiño ao mesmo tempo ca o vídeo:
Aquí tedes un conto de piratas moi chulo. Os piratas, como sabedes, sempre andan buscando tesouros. Neste caso o tesouro desexado son uns 'golden underpants' Si, si. Será porque son de ouro ou porque lles pirra a roupa interior? 😏💭 Non o teño claro, a ver que vos parece a vós, xa me contades 😉
Ben, pois seguimos falando de underwear e de 'underpants'. Mirade este outro conto:
Cantamos?
ACTIVIDADES:
. Queres diseñar unha colección de 'underpants'? Anímate. Podes diseñalos con perneiras longas para o inverno (ou de lá), de moitas cores, con raias, con lunares, con aletas de tiburón, con petos para o diñeiro, con volantes, con alas... Fai os teus deseños e, se é posible, busca vocabulario relacionado cos mesmos e escríbeo (referente ás cores, ao material, forma, adornos, etc)
. A outra actividade que che propoño é facer un barco pirata. Tes unha idea moi chula e sinxeliña nesta web: https://www.teatimemonkeys.com/pirate-ship-craft/
MOI FELIZ LUNS!
Comenzamos unha nova semana así que... a disfrutala!
Primeiro, a cantar!
Agora que sabemos a canción de memoria 😉 imos repasar as cores. Recordas estas cancións? estou segura de que si.
E agora propóñovos facer un collage empregando revistas vellas que teñades pola casa ou outros recortes. Recortade con tesoiras ou empregando as puntas dos dedos (ou ben das dúas maneiras) aqueles obxectos, persoas, formas, paisaxes, etc que vos gusten. Unha vez teñades unha boa cantidade de recortes, empezade a colocalos sobre un folio ou cartulina. Cando teñades clara a disposición que máis vos guste para todo o que recortáchedes é o momento de pegalo todo. Tamén podedes 'tunear' os vosos recortes dándolles un toque de cor ou textura.
Que non se vos ocurre nada? Non sabedes como comezar? Mirade o que fai LorriMarie, ao mellor vos da ideas:
A semana de St. Patrick's Day é moi excitante no cole e pasámolo moi ben.
Este ano non podemos compartir esta festividade todos xuntos, mais sempre hai maneiras de poder levar esta situación, tan atípica, con bo humor. Así que, vístete ou adórnate con algo green e disfrutemos desta semana.
Poñamos música. Aquí tedes unha canción moi coñecida, animádevos a cantala. Leva por título 'I'll Tell Me Ma', hai moitas versións, esta que vos deixo aquí é só unha delas:
Recoméndovos dous filmes 'The Secret Of Kells' e 'Song Of The Sea'.
E tamén vos deixo uns contiños:
'The Story Of The Leprechaun' (para 4º, 5º e 6º)
'The Night Befor St. Patrick's Day' (1º, 2º e 3º)
ARTS AND CRAFTS (1º e 2º)
Nesta ocasión non poderemos construir a nosa trampa para conseguir atrapar un Leprechaun... non importa, seguro que eles tamén se están protexendo e axudando a frear o Covid-19 cerradiños nas súas casas. Así que, sería practicamente imposible atrapar algún, aínda que tivésemos a trampa.
Que tal se debuxamos un pot of gold?
Aquí vos deixo este tutorial. Intentade seguir as instruccións. Gardade o voso traballo!