Final logo.
Así quedou o logo final do proxecto, unha composición na que participamos todos os colexios.
Final logo.
Así quedou o logo final do proxecto, unha composición na que participamos todos os colexios.
Máis traballos eTwinning!
IF YOU ARE HAPPY SONG
Coñecimos estudiantes de outros coles e fixemos unha versión en galego de 'If You Are Happy', canción que cantamos cos outros coles tamén.
Seguimos mostrando traballos relacionados con este proxecto eTwinning.
Aquí nos tedes realizando as postais dixitais que enviamos a diferentes escolas e tamén abrindo as primeiras postais en papel que chegaron ao noso cole ✉ 📧
Traballando arredor do 'Roald Dahl Story Day' aprendimos a presentar amigos imitando o estilo de James (ao remate de James And The Giant Peach).
E disfrutamos debuxando aos simpáticos Oompa Loompas da man de Quentin Blake.
Este proxecto eTwinning pensado para celebrar o Día europeo das linguas foi moi divertido.
Comezamos facendo unhas máscaras ben chulas empregando o logo de eTwinning e despois fixemos unhas postais incríbles que enviamos a centros de diferentes países europeos.
Roald Dahl é un autor moi presente no CEIP de Cervo onde, dende fai varios anos, nos sumamos ás celebracións do 'Roald Dahl Story Day'. Aínda que o propio día da celebración é o 13 de setembro nos adoitamos extender a compañía deste fantástico autor e as súas obras durante semanas.
Coas aulas de quinto e sexto traballamos parte do texto de 'James And The Giant Peach' e debuxamos da man do incrible Quentin Blake.