Mostrando entradas con la etiqueta #yearfour. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta #yearfour. Mostrar todas las entradas

11 dic 2021

INDIA

 Este curso contamos coa inestimable axuda de Waqar Bakshi na aula de lingua estranxeira e en Arts. Waqar procede da India e estamos aprendendo moito sobre a cultura do seu país. 









5 jun 2020

PROPOSTA 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

PROPOSTA PARA 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

Estes días propóñovos repasar un pouquiño o vocabulario e as estructuras relacionadas coa cidade, vilas ou pobos.
Para iso, aquí tedes uns vídeos que vos axudarán a recordar:



E unha canción:

Propóñovos facer os seguintes xogos para aprender máis:
https://learnenglishkids.britishcouncil.org/word-games/places-town-1
https://learnenglishkids.britishcouncil.org/word-games/places-town-2
https://learnenglishkids.britishcouncil.org/word-games/places-town-3


E se queredes máis cousiñas porque vos apetece, pois deixo por aquí unha cancionciña que fala de diferentes lugares do mundo. E, se queredes, tamén podedes facer as tarefas relacionadas coa canción.
https://learnenglishkids.britishcouncil.org/songs/one-small-world







Espero que vos gusten.
big hug💓

20 may 2020

PROPOSTA. 3º A 6º DE PRIMARIA

BEES

A ONU declarou o 20 de maio como o 'DÍA MUNDIAL DAS ABELLAS' (WORLD BEE DAY) coa intención de crear consciencia sobre a enorme importancia que teñen os polinizadores e a súa contribución a un desenvolvemento sostible. As abellas enfróntanse nos días de hoxe a moitas ameazas. Debemos coidalas pois a súa contribución ao medio ambiente é fundamental e de enorme importancia. Visitade o blog de Voz Natura do noso cole para saber moito máis https://cervonatura.blogspot.com/

Neste vídeo aprenderedes moito sobre as abellas:


Outro vídeo, este con máis información, para os que queredes profundizar no tema:


Das abellas obtemos o mel e o polen, dous produtos moi apreciados.
Queredes ver como se recolle o mel?


E aquí vai a miña proposta. Que vos animedes (se podedes) a tomar un pouquiño de mel, ese alimento riquísimo que obtemos das abellas. E como? Pois que mellor que nunhas pancakes. Seguide esta receta de Jaime Oliver, moi doada de facer e saen riquísimas. Xa me contaredes.



Se queredes saber máis:
https://www.un.org/en/observances/bee-day

18 may 2020

PROPOSTA PARA 4º DE PRIMARIA


PROPOSTA PARA 4º DE PRIMARIA.

Esta semana a proposta para 4º de Primaria segue estando baseada na primeira unidade traballada durante o primeiro trimestre. Esta vez centrarémonos en repasar como decir a hora en inglés.

Debemos recordar:
  • A hora en inglés, ao igual que no noso idioma, pode expresarse de varias maneiras. Esta que imos repasar aquí é a que nos costou un pouquiño máis aprender.
  • A agulla grande (big hand) marca os minutos (minutes).
  • A agulla pequena (little hand) marca as horas.
  • En inglés dicimos primeiro os minutos e despois a hora.
  • Para expresar os minutos que pasan da hora e ata que é ‘e media’ empregamos a palabra ‘past’.  Exemplo: It’s ten past four = Son as catro e dez (pasan dez minutos das catro)
  • Unha vez que pasamos da media hora (half past), en inglés contamos os minutos que faltan para a seguinte hora, expresámolo con ‘to’.   Exemplo: It’s ten to four = Son as catro menos dez (faltan dez minutos para as catro).

Aquí temos un vídeo que nos axudará a recordar:


 Agora que xa recordamos un pouquiño. Propóñovos ver outro vídeo e facer os xogos . 



Eu recoméndovos ver os vídeos varias veces. Axudaravos moito a aprender.
E por si aínda vos apetece facer algo máis, déixovos un enlace para outro xogo:

Moito ánimo. Seguimos aprendendo💓

11 may 2020

PROPOSTA PARA 4º DE PRIMARIA




Esta semana a proposta para 4º de Primaria está baseada na primeira unidade traballada durante o primeiro trimestre. Recordades? School subjects, the time, etc.
Agora que estamos nas nosas casas hai unha tarefa que non realizamos: preparar a nosa mochila. O vídeo que vos presento a continuación ofrece interesantes consellos para preparar de maneira adecuada a nosa mochila para ir ao cole. Escoitade con atención e tomade nota pois cada vez queda menos para volver.



Debaixo do vídeo tedes que clicar onde pon ‘game’ e xogar. Axudaravos a entender mellor o vídeo e aprenderedes moito.
Tamén tedes unhas actividades escritas que podedes imprimir:



Para repasar vocabulario relacionado coa escola propóñovos máis xogos:

 Recordade que podedes ver todas as propostas publicadas para 4º buscando a etiqueta #yearfour

Big hug💓

23 abr 2020

WORLD BOOK DAY 2020


23rd April

Hoxe é a celebración do día do libro e dos dereitos do autor, unha das datas máis fermosas que temos no calendario.  Esta data coincide coa desaparición de William Shakespeare, Inca Garcilaso de la Vega e Miguel de Cervantes. 
Hoxe é un día pensado para disfrutar dos libros, homenaxear aos seus autores e disfrutar dos enormes beneficios que nos proporciona a lectura. 

Quero compartir unha cita dun autor que admiro moitísimo:

'De los diversos instrumentos inventados por el hombre, el más asombroso es el libro; todos los demás son extensiones de su cuerpo... Sólo el libro es una extensión de la imaginación y la memoria' 
Jorge Luis Borges.


Neste 23 de abril eu propóñovos recordar a William Shakespeare e a súa interesante vida e obra. Moitos de vós xa o coñecedes e temos falado del na clase. Outros será a primeira vez que vos acheguedes a el. Non é un autor doado, pensade que escribía para entreter a persoas de fai uns cantos séculos, que tiñan gustos e afinidades moi diferentes ás nosas. Mais, se lle dades unha oportunidade, estou segura de que entenderedes moitas cousas. E, se deixades que vos acompañe ao longo da vosa vida, descubriredes que as súas obras se tornan diferentes e adquiren novos significados co paso do tempo e das experiencias. Sabedes que moitas expresións que empregamos hoxe en día foron inventadas por Shakespeare? Dous exemplos son 'romper o xeo' e 'o amor é cego' 😉.

Neste vídeo repasaremos a súa vida: 


Recordade clicar no simboliño que pon 'cc' e así activades os subtítulos.
Si queredes facer actividades sobre o vídeo tédelas aquí:

E agora imos descubrir algunha das súas obras máis coñecidas:

A MIDSUMMER NIGHT'S DREAM. Esta peza foi representada no noso colexio, recordades?


Link para actividades e xogos baseados en 'A Midsummer Night's Dream'

MUCH ADO ABOUT NOTHING (comedia)
Link para vídeo, xogos e actividades:

TWELFTH NIGHT (comedia)
Link para vídeo, xogos e actividades:

ROMEO AND JULIET (traxedia)
Link para vídeo, xogos e actividades:

MACBETH (traxedia)
Link para vídeo, xogos e actividades:

HAMLET (traxedia)
Link para vídeo, xogos e actividades:


Espero que vos gustara. Incluso para aqueles de vós para os que a entrada de este blog significou descubrir a Shakespeare por primeira vez, estou segura de que algunha das historias vos soaba. Para os xa familiarizados co Bardo de Avon (así lle chamaban, como alcume) pode que ver algunha destas historias outra vez significara entender a trama dende un punto de vista diferente, quen sabe. Se vos gusta Shakespeare podedes seguir coñecéndoo, non só a través dos libros, senón tamén a través do cine. Sabiades que da peza 'Macbeth' hai ata 33 versións cinematográficas? Unha locura. Falade coas vosas familias para atopar un filme baseado nalgunha obra de Shakespeare que poidades disfrutar no fogar cuns flocos de millo e... xa me contaredes!

Big hug💓