Cada mes de setembro temos unha cita obrigada con Roald Dahl, un dos autores máis queridos por lectores de todo o planeta.
Traballamos 'The Enormous Crocodile' co alumnado de primeiro, segundo e terceiro. En cada aula adecuado ao seu nivel. Nos dous primeiros cursos foi tema principal da aula de Arts durante o mes de setembro.
Este curso contamos coa inestimable axuda de Waqar Bakshi na aula de lingua estranxeira e en Arts. Waqar procede da India e estamos aprendendo moito sobre a cultura do seu país.
Xa chegan as vacacións e toca despedir este curso tan diferente que nos tocou vivir este ano, seguro que nunca o esqueceremos. Espero que disfrutedes moito destas merecidas vacacións e, para ir abrindo boca, aquí vos deixo un conto, unha canción e unha proposta de debuxo que espero que vos gusten e vos divirtan.
Let's go to the beach. Catie's classroom (film)
What The Ladybird Heard On Holiday(story)
Pete the cat. We are going to the beach song
Draw a shark and other sea creatures by Nick Sharratt
Xa chega o verán e toca despedir este curso tan diferente que nos tocou vivir este ano,
seguro que nunca o esqueceremos. Espero que disfrutedes moito destas
merecidas vacacións. Aquí vos deixo unha última proposta pero non tardaremos en vernos e en seguir aprendendo xuntos.
Ao alumnado de 6º desexámoslle o mellor nesta nova etapa que están a piques de iniciar e simplemente animalos a que a disfruten moito.
Un pequeno vídeo onde escoitaredes a lingua estranxeira sen filtros. Aquí un osiño chamado 'Barnaby Bear' cóntavos as súas últimas vacacións en autocaravana e as aventuras que viviu.
Un conto de Winnie the Witch. Esta vez Winnie vai á praia. Levará ben Winnie a calor? E Wilbur?
Unha historieta animada the Pete the Cat
Unha canción súper divertida 'The Beach Baby, Yeah!'
Esta semana propóñovos repasar un pouquiño o emprego de can e can't. Recordade que empregamos 'can' cando queremos expresar a nosa habilidade ou capacidade de realizar unha actividade e 'can't' cando non podemos, sabemos ou somos capaces de facer unha cousa. Para isto propóñovos cantar estas cancións e intentar co voso corpo expresar o significado das mesmas, ou sexa, realizar o que van dicindo as cancións co voso corpo. Ánimo, será divertido.
A ONU declarou o 20 de maio como o 'DÍA MUNDIAL DAS ABELLAS' (WORLD BEE DAY) coa
intención de crear consciencia sobre a enorme importancia que teñen os
polinizadores e a súa contribución a un desenvolvemento sostible. As
abellas enfróntanse nos días de hoxe a moitas ameazas. Debemos coidalas
pois a súa contribución ao medio ambiente é fundamental e de enorme
importancia. Visitade o blog de Voz Natura do noso cole para saber moito máis https://cervonatura.blogspot.com/
Neste vídeo aprenderedes moito sobre as abellas:
Outro vídeo, este con máis información, para os que queredes profundizar no tema:
Das abellas obtemos o mel e o polen, dous produtos moi apreciados.
Queredes ver como se recolle o mel?
E aquí vai a miña proposta. Que vos animedes (se podedes) a tomar un pouquiño de mel, ese alimento riquísimo que obtemos das abellas. E como? Pois que mellor que nunhas pancakes. Seguide esta receta de Jaime Oliver, moi doada de facer e saen riquísimas. Xa me contaredes.
Esta semana imos falar do importante que é ter uns bos hábitos de hixiene bucal. Debemos lavar ben a nosa dentadura tódolos días. Esta canción axudaravos a recordar a maneira de facelo moi ben:
Recordade que para ter uns dentes sans e fortes, ademáis da hixiene, tamén é moi importante unha alimentación saludable onde abunden as froitas e as verduras. Consello que nos recordan Elmo e Abby neste vídeo:
Aquí vos deixo os enlaces a uns xogos onde podedes practicar o nome das partes do corpo en inglés.
Hoxe propóñovos un conto que sempre é un exitazo en tódalas aulas. Trátase de 'The Very Hungry Caterpillar' de Eric Carle e moitos de vós seguro que xa o coñecedes. Antes de disfrutar deste conto imos facer un repasiño e recordar ben os días da semana, que vos parece?
E os números:
Agora o conto:
Propóñovos facer un diario esta semana. Un diario no que reflexedes a froita que comedes cada día e tamén a cantidade da mesma. Empezando por hoxe, que é Monday. Nunha libretiña ou empregando folios, iso como vós prefirades. Cada día escribiríades o nome do día en inglés e nun espazo (que se adapte á vosa creatividade) imos debuxando a froita que consumimos ese día e a cantidade da mesma.
Por exemplo. Empezo o meu diario escribindo Monday (eu quero facelo con letras moi bonitas). Agora debuxo: unha laranxa, un plátano, unha mazá e unhas poucas améndoas. Esa foi a froita que eu consumín o Monday. Agora escribo os nomes da froita en inglés e a cantidade da mesma. Exemplo: one orange, one banana, one apple and some almonds. E coloreo a miña aportación de hoxe ao diario. Mañá será Tuesday!
Como algúns de vós me dixéschedes que vos gusta moito debuxar póñovos aquí un vídeo para aprender a facer unha caterpillar:
Este conto é moi popular. Incluso hai apps que se poden descargar. Se no voso fogar tedes a posibilidade de facelo sempre podedes animarvos con algunha que vos guste.
Como sabedes estamos a piques de que comence a Semana Santa, unha celebración que en inglés se chama Easter. A todos lles encanta, sobre todo por disfrutar das vacacións e os ovos de pascua de chocolate yummy!
Imos cantar agora unha canción dun Easter Bunny, moi parecida a esa que tanto vos gusta dun granxeiro que ten un can chamado B-I-N-G-O. Aquí está:
Propóñovos agora debuxar un Easter Bunny. Neste vídeo móstrasevos o proceso pasiño a pasiño:
E para seguir disfrutando destas datas. Aquí vos deixo a Peppa Pig e aos seus amigos en dúas interesantes Easter Adventures. Enjoy!
Deixamos o cole fai uns días e deixamos a medias un mini proxectiño de dinosaurio. Recordades?
Pois mentras agardamos o momento de poder rematalo, que vos parece se recordamos e repasamos un pouquiño?
Cantamos? Veña, aquí tedes dúas moi sinxeliñas que vos van animar:
Apetécevos visitar un parque de dinosaurios? seguro que si. Atentos:
Sabemos moitas cousiñas dos dinosaurios grazas aos fósiles, queredes saber como se forman? Atentos a este vídeo:
PROPÓÑOVOS AGORA O SEGUINTE:
- Para aqueles aos que lles encante cantar, intentádeo con estas cancións. Non son doadas, mais o esforzo seguro que paga a pena.
Velociraptor Rap From Andy's Dinosaur Adventures - CBeebies
Dinosaur Story Season 1 Singalong
- A seguinte actividade que vos propoño é a de debuxar un dinosaurio. Guiaravos a man do incríble Nick Sharratt, un luxo telo de profe. Disfrutádeo!