Mostrando entradas con la etiqueta etwinning. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta etwinning. Mostrar todas las entradas

6 jul 2019

25 jun 2019

LEARNING ABOUT EUROPE



O noso proxecto Erasmus 'Creating, Communicating, Our Diversity We Are Celebrating!' chega ao seu fin mais… Canto aprendimos!!!!!
Estes son os derradeiros traballos de investigación realizados polo noso alumnado de sexto de Educación Primaria. Nestes traballos, ademáis de ofrecer información moi interesante dos países que eles mesmos escolleron (entre os que participan no proxecto), estableceron unas comparativas entre eles moi interesantes.














27 ene 2019

Australia

Celebrating Australia Day and learning that in Australia they speak English too.

We created this beautiful pictures using dots imitating aboriginal painting Art.



CREATIVE CLASSROOM

Cada ano participamos nun intercambio de postais proposto polo grupo the traballo de eTwinning 'Creative Classroom'. É unha iniciativa na que os mestres poden participar a título individual e enviar as postais aos seus colegas europeos ou facelo co alumnado. As postais envíanse a seis mestres participantes do grupo.
Nós este ano decidimos facelo ao grande e dar moitas sorpresas. O alumnado da aula de 3º creou unhas postais preciosas que enviamos non só aos mestres que nos correspondían no noso grupo de intercambio (6 mestres), senón que decidimos, de maneira aleatoria, escoller mestres de outros grupos para enviarlles postais e darlles unha sorpresa. Esperamos que lles gustasen moito.





5 mar 2018

Christmas Card Exchange

Como xa sabedes, este ano participamos nun proxecto etwinning de intercambio de postais navideñas. Temos que dicir que as últimas recibímolas no mes de febreiro! Aquí tedes unha fotos das preciosas postais que recibimos.












Tamén vos deixo un enlace ao padlet no que os diferentes coles foron publicando fotos das postais que ían recibindo. Mirade ben e atoparedes algunha das enviadas por nos.

Hecho con Padlet

27 dic 2017

Christmas Card Exchange "Creative Calssroom"

Dende a aula de lingua estranxeira o alumnado de 3º e 4º está participando en varias das actividades propostas polo grupo de traballo "Creative Classroom", un grupo do que formamos parte dende hai tempo, dentro da plataforma Etwinning.
Este mes de decembro participamos na actividade 'Christmas Card Exchange'. Enviamos postais a varios colexios europeos e nós tamén recibiremos as súas. A creación da postal estaba condicionada, ademais dos bos desexos, na parte esquerda tiñamos que facer referencia a unha actividade que nos gustase realizar. Estas actividades ás que todos os colexios participantes facemos referencias formarán parte dunha actividade que nos explicarán máis adiante e da que, de momento, descoñecemos calquera detalle! Estamos impacientes por saber de que se trata, de momento deixamos aquí fotos das nosas postais e das recibidas ata o momento






Ata o de agora recibimos tres postais de dous colexios, que ilusión!!


17 dic 2017

Our Settings 'Rap de Cervo'

Este foi o rap que fixemos en común as aulas de quinto e sexto dentro da actividade de 'Our Settings'





Our Settings

Falamos da nosa contorna escribindo poesía. Este foi outro dos traballos que fixemos dentro do proxecto Erasmus en colaboración coas familias.