Mostrando entradas con la etiqueta #roalddahl. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta #roalddahl. Mostrar todas las entradas

25 oct 2022

ROALD DAHL

 En sexto de primaria intentamos visualizar e describir como sería a nosa teacher ideal. Por suposto, había que deixar voar a imaxinación e intentar que se parecese o menos posible á famosa Trunchbull de Matilda 😉.











21 oct 2022

ROALD DAHL STORY DAY

 Cada mes de setembro temos unha cita obrigada con Roald Dahl, un dos autores máis queridos por lectores de todo o planeta.

Traballamos 'The Enormous Crocodile' co alumnado de primeiro, segundo e terceiro. En cada aula adecuado ao seu nivel. Nos dous primeiros cursos foi tema principal da aula de Arts durante o mes de setembro.







24 oct 2021

Roald Dahl

 Traballando arredor do 'Roald Dahl Story Day' aprendimos a presentar amigos imitando o estilo de James (ao remate de James And The Giant Peach).

E disfrutamos  debuxando aos simpáticos Oompa Loompas da man de Quentin Blake.





19 oct 2021

Roald Dahl

 Roald Dahl é un autor moi presente no CEIP de Cervo onde, dende fai varios anos, nos sumamos ás celebracións do 'Roald Dahl Story Day'. Aínda que o propio día da celebración é o 13 de setembro nos adoitamos extender a compañía deste fantástico autor e as súas obras durante semanas.

Coas aulas de quinto e sexto traballamos parte do texto de 'James And The Giant Peach' e debuxamos da man do incrible Quentin Blake.






4 oct 2020

THE WITCHES

THE WITCHES

As bruxas de Roald Dahl teñen unha maneira moi peculiar de expresarse e aqueles que xa disfrutástedes do libro sabédelo ben.  Na aula de 6º imaxinamos que estarían bastante enfadadas co coronavirus e así é como cremos que botan sapos pola boca contra este virus. Agardamos que vos guste (o virus e as bruxas non, os nosos traballiños).


















 


 

 

22 sept 2018

Así quedaron os nosos Centipedes. Thank you Quentin Blake!








Roald Dahl Day 2018!

Arrancamos curso 2018-19 e facémolo, dende fai xa tres, cun dos mellores escritores do mundo: Roald Dahl.
Dahl nunca decepciona e sempre nos aporta infinitas aprendizaxes.
Unha das actividades das que máis disfrutamos é da oportunidade de aprender a debuxar da man do mesmo Quentin Blake, un luxo! Este ano foi un 'Centipede'