Mostrando entradas con la etiqueta penpals. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta penpals. Mostrar todas las entradas

2 ene 2017

Christmas cards

O intercambio de postais durante a festividade de Halloween gustou tanto ao alumnado que as teachers decidimos repetir polo Nadal. Fixemos dúas postais que nos quedaron moi chulas.





O alumnado de Burela fixo uns calendarios chulísimos. A nós fíxonos moitísima ilusión encontrar debaixo de cada día a cara dun pequeno, e xogamos a adiviñar cal deles se correspondería con cada nome. 

Estas son as nosas postais rematadas




Aquí tedes unha foto das nosas postais antes de ser enviadas ao cole de Burela e os Advent Calendars tan chulos que nos enviaron eles.




Penpals

No primeiro trimestre recibimos unha preciosa proposta do CEIP Virxe do Carme de Burela. O alumnado de primeiro curso está estudiando o noso concello e a súa teacher pensou que sería unha boa idea enviarnos unhas postais por Halloween. Recibimos esas postais con entusiasmo e nós tamén decidimos enviarlles outras a eles. Aquí tedes unha mostra do que nós fixemos.