Como xa sabedes, este ano participamos nun proxecto etwinning de intercambio de postais navideñas. Temos que dicir que as últimas recibímolas no mes de febreiro! Aquí tedes unha fotos das preciosas postais que recibimos.
Tamén vos deixo un enlace ao padlet no que os diferentes coles foron publicando fotos das postais que ían recibindo. Mirade ben e atoparedes algunha das enviadas por nos.
Mostrando entradas con la etiqueta yearfour. Mostrar todas las entradas

5 mar 2018
27 dic 2017
Christmas Card Exchange "Creative Calssroom"
Dende a aula de lingua estranxeira o alumnado de 3º e 4º está participando en varias das actividades propostas polo grupo de traballo "Creative Classroom", un grupo do que formamos parte dende hai tempo, dentro da plataforma Etwinning.
Este mes de decembro participamos na actividade 'Christmas Card Exchange'. Enviamos postais a varios colexios europeos e nós tamén recibiremos as súas. A creación da postal estaba condicionada, ademais dos bos desexos, na parte esquerda tiñamos que facer referencia a unha actividade que nos gustase realizar. Estas actividades ás que todos os colexios participantes facemos referencias formarán parte dunha actividade que nos explicarán máis adiante e da que, de momento, descoñecemos calquera detalle! Estamos impacientes por saber de que se trata, de momento deixamos aquí fotos das nosas postais e das recibidas ata o momento
Ata o de agora recibimos tres postais de dous colexios, que ilusión!!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)