PROPOSTAS PARA O ALUMNADO DE 4º a 6º. Podedes escoller as actividades que máis vos gusten ou... facelas todas!
Helen Beatrix Potter (1866-1943) foi unha moi coñecida escritora e ilustradora inglesa.
Seguro que a moitos de vós vos soan os contos de Petter Rabbit, ou as películas baseadas neles.
Se vos apetece coñecela déixovos este link do British Council que vos levará a un vídeo que vos fala de esta autora. A continuación tedes un enlace a un xogo e tamén a unhas actividades. Espero que o disfrutedes.
https://learnenglishkids.britishcouncil.org/short-stories/beatrix-potter
Xogo: https://learnenglishkids.britishcouncil.org/short-stories/beatrix-potter (o xogo é sobre o vídeo)
As actividades son estas:
Aquí tedes un link a outro xogo sobre Easter:
https://learnenglishkids.britishcouncil.org/es/node/17872
Aquí vos deixo tres capítulos dunha serie que xa ten uns aniños pero é moi bonita e tedes imaxes de como era o entorno e a realidade da autora cando escribiu as historias de Peter Rabbit.
En Youtube tedes moitos vídeos de Peter Rabbit que podedes ver.
Se vos apetece saber máis cousiñas da autora:
Esta é unha rima tradicional que fala dos Hot Cross Buns, uns boliños que tradicionalmente se comen por estas datas no Reino Unido.
Hot cross buns, hot cross buns,
One a penny, two a penny,
Hot cross buns.
If you have no daughters give them to your sons
Hot cross buns, hot cross buns.
One a penny, two a penny,
Hot cross buns.
If you have no daughters give them to your sons
Hot cross buns, hot cross buns.
Propóñovos que vos animedes a facelos nas vosas casas, veredes que están deliciosos, estou segura de que vos van encantar.
Aquí vos deixo a receita:
Aquí un vídeo de como se fai, para que vexades mellor os pasos a seguir:
https://youtu.be/MoIEUM7YGDE
A miña última proposta é practicar un pouquiño de lectura. Propóñovos ler estes dous contiños. Primeiro escoitádeos (as veces que queirades) e logo animádevos a lelos. Podedes facelo ao mesmo tempo que a persoa do vídeo, ou silenciar o vídeo e facelo sen esa axuda. Como prefirades. Espero que vos gusten.
HAPPY EASTER!
BIG HUG 💓
No hay comentarios:
Publicar un comentario