20 may 2020

PROPOSTA PARA 1º e 2º DE PRIMARIA

BEES

A ONU declarou o 20 de maio como o 'DÍA MUNDIAL DAS ABELLAS' coa intención de crear consciencia sobre a enorme importancia que teñen os polinizadores e a súa contribución a un desenvolvemento sostible. As abellas son importantísimas. No blog de Voz Natura do noso cole tedes moita información sobre este día e moitas actividades para convertirvos en expertos en abellas https://cervonatura.blogspot.com/

Aquí tedes unha canción moi 'marchosa' na que contaremos abellas, titúlase 'The Bees Go Buzzing'. Buzz buzz é ese son que fan as abellas ao mover as ás.


'Here Is The Beehive' é outra canción de Super Simple Songs na que podemos aprender ou repasar moitas palabras e expresións coma:  beehive (colmea), hide away (esconderse), flying (voando), high (alto), low (baixo), fast (rápido), slow (despacio), left (esquerda), right (dereita), day (día), night (noite).


Seguro que algunha vez tivéstedes a sorte de ver algunha abella pretiño, probabelmente no campo. Pero, sabiades que hai xente coidando colmeas en cidades? Neste vídeo veredes a Catie cantarnos unha canción e tamén a acompañaremos a unha visita do máis interesante, a ver unhas colmeas de abellas nada menos que no centro de Toronto! (Toronto é unha cidade moi grande de Canadá, despois podedes buscar onde está). Xa veredes que interesante. Por certo Catie proponvos unha manualidade de ARTS moi chuli no vídeo, se vos gusta, podedes animarvos a facela.



Pero se a proposta de Catie vos parece moi complicada, ou non atopades o plástico de burbullas, ou se vos acabaron as témperas, ou simplemente non tedes o día de querer usar pinceis e preferides mancharvos menos. Aquí vos deixo outra 'bee' ben bonitiña e moi sinxeliña de facer (idea recollida de theartcraftythings.com). Recordade que para as manualidades é moi interesante empregar o que temos pola casa (xornais, revistas, caixas de cereais, cartóns de leite, oveiras, paquetes de comida, etc todo é material que está desexando que lle demos unha nova vida)



Big hug💓

No hay comentarios:

Publicar un comentario