PROPOSTA PARA 4º DE PRIMARIA.
Esta semana a proposta para 4º de Primaria segue estando
baseada na primeira unidade traballada durante o primeiro trimestre. Esta vez
centrarémonos en repasar como decir a hora en inglés.
Debemos recordar:
- A hora en inglés, ao igual que no noso idioma, pode expresarse de varias maneiras. Esta que imos repasar aquí é a que nos costou un pouquiño máis aprender.
- A agulla grande (big hand) marca os minutos (minutes).
- A agulla pequena (little hand) marca as horas.
- En inglés dicimos primeiro os minutos e despois a hora.
- Para expresar os minutos que pasan da hora e ata que é ‘e media’ empregamos a palabra ‘past’. Exemplo: It’s ten past four = Son as catro e dez (pasan dez minutos das catro)
- Unha vez que pasamos da media hora (half past), en inglés contamos os minutos que faltan para a seguinte hora, expresámolo con ‘to’. Exemplo: It’s ten to four = Son as catro menos dez (faltan dez minutos para as catro).
Aquí temos un vídeo que nos axudará a recordar:
Agora que xa recordamos un pouquiño. Propóñovos ver outro
vídeo e facer os xogos .
Eu recoméndovos ver os vídeos varias veces. Axudaravos moito a
aprender.
E por si aínda vos apetece facer algo máis, déixovos un
enlace para outro xogo:
Moito ánimo. Seguimos aprendendo💓
No hay comentarios:
Publicar un comentario