Temos por diante un novo curso e moitas aventuras que vivir e tanto que aprender...
Setembro é un mes de cambios e este curso temos grandes novidades que vos iremos contando máis adiante. Sen embargo, algo que non nos apetece cambiar é adicar setembro a Roald Dahl, aos seus personaxes, ás súas historias e ao seu legado. Que mellor maneira de arrancar o curso poderiamos ter?
Dende o noso cole unímonos á celebración do Roald Dahl Day, visitamos o seu museo, a súa casa e tachán! Este curso tamén debuxamos, seguindo as instrucións do fantástico Quentin Blake,un Hornswoggler!
Esta man que vedes na foto de arriba é a de Quentin Blake.
Como quedarían? 😉
No hay comentarios:
Publicar un comentario