MOI FELIZ LUNS!
Comenzamos unha nova semana así que... a disfrutala!
Primeiro, a cantar!
Agora que sabemos a canción de memoria 😉 imos repasar as cores. Recordas estas cancións? estou segura de que si.
E agora propóñovos facer un collage empregando revistas vellas que teñades pola casa ou outros recortes. Recortade con tesoiras ou empregando as puntas dos dedos (ou ben das dúas maneiras) aqueles obxectos, persoas, formas, paisaxes, etc que vos gusten. Unha vez teñades unha boa cantidade de recortes, empezade a colocalos sobre un folio ou cartulina. Cando teñades clara a disposición que máis vos guste para todo o que recortáchedes é o momento de pegalo todo. Tamén podedes 'tunear' os vosos recortes dándolles un toque de cor ou textura.
Que non se vos ocurre nada? Non sabedes como comezar? Mirade o que fai LorriMarie, ao mellor vos da ideas:
Estou desexando ver o que facedes 💓
No hay comentarios:
Publicar un comentario