23 mar 2020

HELLO YEAR 2!

PROPOSTA PARA 2º DE PRIMARIA.

Hello everybody! Let's sing!


Despois de cantar imos practicar un pouquiño a lectura en inglés, venga, seguro que vos sae moi ben.
Lede este contiño ao mesmo tempo ca o vídeo:


Aquí tedes un conto de piratas moi chulo. Os piratas, como sabedes, sempre andan buscando tesouros. Neste caso o tesouro desexado son uns 'golden underpants' Si, si. Será porque son de ouro ou porque lles pirra a roupa interior? 😏💭 Non o teño claro, a ver que vos parece a vós, xa me contades 😉


Ben, pois seguimos falando de underwear e de 'underpants'. Mirade este outro conto:


Cantamos?


ACTIVIDADES:
. Queres diseñar unha colección de 'underpants'? Anímate. Podes diseñalos con perneiras longas para o inverno (ou de lá), de moitas cores, con raias, con lunares, con aletas de tiburón, con petos para o diñeiro, con volantes, con alas... Fai os teus deseños e, se é posible, busca vocabulario relacionado cos mesmos e escríbeo (referente ás cores, ao material, forma, adornos, etc)
. A outra actividade que che propoño é facer un barco pirata. Tes unha idea moi chula e sinxeliña nesta web:
https://www.teatimemonkeys.com/pirate-ship-craft/

Apertas 💓

No hay comentarios:

Publicar un comentario