16 mar 2020

St. Patrick's Day!

A semana de St. Patrick's Day é moi excitante no cole e pasámolo moi ben.

Este ano non podemos compartir esta festividade todos xuntos, mais sempre hai maneiras de poder levar esta situación, tan atípica, con bo humor. Así que, vístete ou adórnate con algo green e disfrutemos desta semana.

Poñamos música. Aquí tedes unha canción moi coñecida, animádevos a cantala. Leva por título 'I'll Tell Me Ma', hai moitas versións, esta que vos deixo aquí é só unha delas:


Recoméndovos dous filmes 'The Secret Of  Kells' e 'Song Of The Sea'.

E tamén vos deixo uns contiños:

'The Story Of The Leprechaun' (para 4º, 5º e 6º)


'The Night Befor St. Patrick's Day' (1º, 2º e 3º)



ARTS AND CRAFTS (1º e 2º)
Nesta ocasión non poderemos construir a nosa trampa para conseguir atrapar un Leprechaun... non importa, seguro que eles tamén se están protexendo e axudando a frear o Covid-19 cerradiños nas súas casas. Así que, sería practicamente imposible atrapar algún, aínda que tivésemos a trampa.
Que tal se debuxamos un pot of gold?
Aquí vos deixo este tutorial. Intentade seguir as instruccións. Gardade o voso traballo!



No hay comentarios:

Publicar un comentario