Antes que nada, a cantar!
Cando remataron as clases estabamos rematando uns 'portraits', recordades? Seguro que prontiño poderemos volver ás aulas e rematar esas obras de arte.
Mentras tanto, propóñovos ver 'Portraits', de artistas moi recoñecidos, visitando algúns dos museos máis importantes a nivel mundial.
A nosa primeira parada farémola na Gallería Uffizi, en Florencia, Italia https://www.uffizi.it/
Se seguides este link https://www.uffizi.it/en/events/i-volti-della-riforma-lutero-e-cranach-nelle-collezioni-medicee e ides ao final da páxina poderedes descubrir incríbles 'portraits'.
Na mesma galería ofrecen a posibilidade de descubrir a historia de algunhas das súas obras de arte máis famosas. Todas elas en HD e con descripcións das mesmas. https://www.uffizi.it/en/online-exhibitions
Despois de estas rutas turísticas teño unha proposta para vós. Apetécevos facer un retrato de arte abstracto? É unha idea totalmente diferente ao tipo de arte que acabades de visitar, mais penso que vos pode gustar, aquí tedes unha idea:
https://artprojectsforkids.org/draw-abstract-self-portrait/
A miña segunda proposta é que coñezades a un pintor chamado George Seurat. Seurat empregaba con gran maestría unha técnica denominada puntillismo. Aquí tedes un vídeo no que podedes coñecelo:
E aquí explican moi ben o puntillismo:
Pois ben, a miña terceira proposta é que vos animedes a facer unha obra de arte empregando a téncica do puntillismo. Pode ser: un bodegón, un retrato, unha paisaxe, unha composición abstracta ou calquera idea que se vos ocurra. Estou desexando ver esas pezas artísticas!
-Para aqueles que queirades saber máis sobre George Seurat:
https://www.ducksters.com/biography/artists/georges_seurat.php
https://www.nationalgallery.org.uk/artists/georges-seurat
- Para aqueles que queirades seguir visitando museos:
https://www.metmuseum.org/learn/kids-and-families
https://www.museodelprado.es/recorrido/visita-virtual/742f132f-8592-4f96-8e5a-9dad8647bc4c
https://www.museothyssen.org/thyssenmultimedia/vv_inmersivas
Big hug!💓
No hay comentarios:
Publicar un comentario